Estudantes de ESO e Bacharelato falan en público por primeira vez.

Carlos Camaño, vicedirector do Instituto Ricardo Mella de Vigo, cre que o obradoiro Como Falar en Público impartido no seu centro de ensino fixo que os seus alumnos descubriran “ese potencial que levan dentro e que ás veces descoñecen”. E así foi. No Ricardo Mella impartín a miña primeira clase dentro de EduMotiva, unha iniciativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia na que colaboro.

vigo general.jpeg

A sesión de dúas horas impartida en Vigo achegou o mundo da oratoria a mozos de ESO e Bacharelato. Pedinlles que primeiro se sentaran aqueles aos que lles daba un medo terrorífico falar en público; despois, sentaron os que sentían só un pouco de inquedanza, e quedaron en pé oito: os que mesmo disfrutaban cun micrófono na man. Entre eles, estaba Alexandra, unha rapaza de Ourense que pronunciou un discurso moi emotivo.

vigo Alexandra.jpeg

Pero para case todos eles coller un micrófono supoñía un reto que eles pensaban que non poderían cumplir. Traballamos na perda do medo escénico, creamos un ambiente propicio á confianza e, voilá, ¡miragre! Os alumnos do IES Ricardo Mella soltáronse e foron capaces de atraer a atención dos seus compañeiros falando de sí mesmos.

vigo chica.jpeg

Non sei para eles, pero para min foi unha experiencia maravillosa que, de feito, penso repetir noutros centros de ensino de Galicia.

QUEN É QUEN EN EDUMOTIVA. (La Voz de Galicia)