DÁ GUSTO ATOPAR XENTE ASÍ, NAMORADA DO SEU TRABALLO: A RADIO

Unha radio feita con guión, contidos moi elaborados, un alto sentido da estética radiofónica e, por encima de todo, con proximidade e intención de ser un servizo público. Iso é o que me atopei esta mañá na miña visita ao programa “Galicia por Diante”, o programa matinal da radio pública de Galicia.

Kiko Novoa, director de Galicia por Diante, un tipo muy salao.Kiko Novoa, director de Galicia por Diante, un tipo moi salao.

Coñezo ao director, Kiko Novoa. Avanzárame que alguén do seu equipo chamaríame para ser entrevistado. Ben, pensei eu, será a típica entrevista entre profesionais dun mesmo grupo de comunicación na que se trata de promocionar un programa, no meu caso o Bos Días da Televisión de Galicia. Citáranme ás once da mañá. Supuxen que en cinco minutos despachariamos o asunto. Estaba completamente equivocado!  Que encerrona máis divertida tiñan preparado Belén, Amelia e Kiko! Investigaran sobre a miña vida e localizaron á miña madriña, ás miñas sobriñas, á miña irmá, ás cantante Dores Platas, á xornalista Isabel Jiménez e a Venancio Salcines, director de EF Busines School, na que imparto clases. Na entrevista, que se prolongou durante 40 minutos, foron falando todos eles sobre min, centrándose nesa parte da personalidade dun que non se ve en televisión.

Houbo tempo para rir, para emocionarse e ata para soltar algunha bágoa de alegría. Grazas compañeiros da Radio Galega por este intre tan agradable que me regalastes e, por favor, seguide así, demostrando día a día que amades a radio.

Podes escoitar a entrevista nesta ligazón:

ENTREVISTA

E aquí tes máis información sobre “Galicia por diante” da Radio Galega:

Así é GALICIA POR DIANTE

¿QUÉ TE HA PARECIDO ESTA ENTRADA? ¡Deja un comentario!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s